Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII)
PADERNE
Igrexa de planta rectangular dunha soa nave, ábsida rectangular e sancristía apegada o muro norte da ábsida. O tránsito entre a nave e o presbiterio efectúase por medio dun arco triunfal en arco de medio punto. A estrutura resólvese
mediante muros de carga de cachotería enfuscada e pintada de branco agás nos marcos das portas e xanelas. A cuberta fórmase a dúas augas con cubrición de tella curva do país. No muro norte da nave ábrese unha porta.
A fachada principal de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso adovelada en arco de medio punto. Sobre o ingreso vai una xanela rectangular
abucinada. No vértice da fachada sitúase un acroterio cunha cruz de cuadrangular de pedra cos brazos en chafrán.
A poucos metros, sitúase un campanario exento. Sobre una base rectangular de cachotería, un pequeño campanil formado por un arco de medio punto onde pendura una campá elaborada por Palacio en 1868.