BRAGADE
Cronoloxía: Século XIX
Trátase dun templo de planta rectangular dunha soa nave cunha sancristía apegada ao muro norte. Está construída a base de muros de cachotería, revestida de cemento pintado de branco agás nas esquinas e ocos onde se mantén a cantería
á vista. A cuberta realízase a dúas augas; tamén o corpo da sancristía, e posúe cubrición de tella árabe. No interior, a zona do altar cóbrese cunha bóveda de canón revestida de madeira.
A fachada de traza sinxela, dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular alintelada. No lintel ten unha inscrición: “ANO DE 1804”. Sobre o ingreso vai unha xanela cun arco de medio
punto que ilumina o coro e, rompendo o vertice da fachada unha base para unha espadana de dous corpos. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto sobre piares que serven para aloxar as campás. O segundo
fórmao un oco de arco de medio punto, coroado cunha cruz e flanqueado por dous pináculos moldurados rematados con bóla.