Parroquia: Cutián (Santa María)

Lugar: Santa María de Cutián

Cutián

Igrexa parroquial de planta rectangular con ábsida tamén rectangular un pouco máis estreita ca nave e cunha sancristía apegado ao muro norte. Está construída a base de muros de cachotería, revestida de cemento pintado de branco agás
nas esquinas e ocos onde se mantén a cantería á vista. A cuberta realízase a dúas augas; tamén o corpo da sancristía, e posúe cubrición de tella.

A fachada de traza sinxela, dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular que ilumina o coro e, rompendo o vertice da fachada
unha base para unha espadana de dous corpos flanqueado por dous pináculos con bóla. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto sobre piares que serven para aloxar as campás. O segundo un frontón triangular
curvo cun oco en arco de medio punto e un óculo enriba, coroado por un pináculo cunha cruz de forxa e flanqueado por dous pináculos piramidais rematados con bóla.