Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII)

FIGUEREDO

Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave, capela maior e sancristía apegada ó muro norte da capela maior. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada, e cantería á vista en esquinais e ocos. A cuberta fórmase a dúas augas sobre os dous corpos, todas elas con tella curva do país.
A fachada principal de traza moi sinxela, presenta un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un van de luz semicircular que dá luz ó coro interior e, rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana de dous corpos franqueada por dous pináculos con bóla. O primeiro corpo está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serve pra aloxa-las campás. O segundo corpo un frontón curvo con dous ocos; un arco de medio punto e un óculo, franqueado con dous pináculos con bóla e rematado con outro cunha cruz de forxa.