Parroquia: Probaos (Santaia)
Lugar: Santaia
SANTAIA DE PROBAOS
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII)
Igrexa de planta rectangular dunha soa nave cunha pequena sancristía apegada ao lateral sur. O espazo interior está cuberto cun armazón de madeira. O altar está separado da nave por medio dun arco apuntado. Destaca neste punto, na
clave do arco, a cabeza dun carneiro, ademais dos capiteis onde descansa o arco. No exterior, os muros son de carga, están revestidos de cemento e pintados de branco agás os vans da porta e a espadana que manteñen a cantería á vista.
A cuberta é a dúas augas, tamén no corpo da sancristía.
A fachada de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular abocinada e, rompendo
o vértice do pentágono, unha base para unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven para aloxar as campás. A campá grande no lado dereito do ano 1864 feita
por Palacio e Liste, e a pequena na esquerda, do ano 1788, non ten marca de fábrica. O segundo corpo un frontón triangular curvo cun oco no centro flanqueado por dous pináculos moldurados e rematado por outro pináculo piramidal.