Lugar: Mandaio
MANDAIO
Cronoloxía: Descoñecida
Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave, capela maior e sancristía. Os tres volumes están diferenciados en altura, a nave principal, a capela maior; máis estreita e a menor altura altura e a sancristía nun corpo baixo,
apegada ao muro norte da capela maior. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada, e cantería á vista en esquinais e ocos. A cuberta fórmase a dúas augas sobre os tres corpos, todas elas con tella curva
do país. No muro lateral norte da nave ábrese una porta e un van de luz rectangular e nos piñóns do muro da ábsida e da nave hai sendas cruces xeométricas.
A fachada principal de traza moi sinxela, presenta un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso unha xanela rectangular
e rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana franqueada por dous pináculos con bóla. A espadana consta de dun corpo formado por un arco de medio punto que descansan sobre piares e serve para aloxar a campá elaborada
en 1981. Remata o conxunto con tres pináculos con bóla e o central rematado cunha cruz de forxa.