Lugar: Santa María de Dordaño
DORDAÑO
Cronoloxía: Século XIX
Trátase dun templo de planta rectangular dunha soa nave cunha sancristía apegada ao muro norte. Está construída a base de muros de cachotería, revestida de cemento pintado de branco agás nas esquinas e ocos onde se mantén a cantería
á vista. A cuberta realízase a dúas augas; tamén o corpo da sancristía, e posúe cubrición de tella árabe. No interior, o espazo da nave está separado da cabeceira por medio dun arco triunfal.
A fachada de traza sinxela, dende un eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un óculo que ilumina o coro de madeira e, rompendo o vértice da fachada unha
base para unha espadana de tres corpos flanqueado por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto sobre piares que serven para aloxar as campás. O segundo fórmao un oco de arco
de medio punto flanqueado por dous pináculos. No último corpo un pequeno frontón curvo cun oco circular no centro e coroado por un pináculo.