Concello: Oza Cesuras

CARRES

Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII)

Igrexa de planta rectangular dunha soa nave e un pequeno corpo lateral apegado que serve de sancristía. O altar e a nave estan separados por un arcavan. Os muros son de carga, feitos de cachotería revestida con cemento, agás nos esquinais, ocos e fachada con cantería á vista. A cuberta é a dúas augas, con entramado de madeira e cubrición de lousa.

A fachada de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un oco en forma de semicírculo que da luz o interior á altura do coro. Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana de dous corpos flanqueados por dous pináculos moi moldurados. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e que serven para aloxar as campás. O segundo un frontón con doble oco; o primeiro un arco de medio punto e o segundo, un círculo. Este frontón está flanqueado por dous pináculos moldurados e rematado por outro pináculo moldurado cunha cruz de forxa enriba.

Como noutras igrexas do rural, san Vicente de Carres está situada nun contorno rural e o seu cemiterio aparece dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.